miércoles, 4 de agosto de 2010

FABULACIÓN, IMAXINACIÓN E RELIDADE

FABULACIÓN, IMAXINACIÓN E RELIDADE

Serafín Villanueva Bembibre

“Trama tecida con naturalidade en medios, nos que se concilian axeitadamente o imaxinativo e o real. Persoeiros que se expresan, actúan e séntense cada un de acordo co papel que lle corresponde. Unha avoa narradora, co seu saber das vellas tradicións. Interesante debuxo do ambiente xeográfico, así como a mestura da “autobiografía” que conta o persoeiro principal e a imaxinación”. Sería esta a síntese de F. Fernández del Riego a carón de “SOÑOS E HISTORIAS DE BREOGÁN”, obra gañadora do II Premio Peninsular de Novela Curta “Wenceslao Fernández Florez”/ 2002, de Breogán Gómez- Giraldez Pérez.

“Breo de Gómez, (Vigo, 1987) suma este premio a outros como: O I Concurso Literario Inter-escolar Carlos Casares/ 2000 (modalidade de Conto Curto), o II Premio Peninsular de Novela Curta Gran Vigo 2001 e o III Concurso Literario Inter- escolar Carlos Casares 2002 (modalidade poesía). Esta novela converte a Historia en historias de fontes, habitantes do rural e antecedentes antigos, das súas andanzas anteriores e actuais que presentan concordancias coas longas noites de parolas e contos de labregos a carón do lume da lareira. SOÑOS E HISTORIAS DE BREOGÁN é unha novela curta con calidade suficiente como para ser publicada”, estima Francisco de Pablos.

“Contra la idea pesimista de que las más jóvenes generaciones tienen una relación cada vez más distante con la letra impresa, están casos como el del vigués Breogán Gómez- Giraldez Pérez, alumno del IES Álvarez Cunqueiro. A lo largo de 50 folios apretados y con muy buena capacidad descriptiva, hace honor a la memoria y las tradiciones, lo que es esperanzador en estos tiempos en que a la memoria se la trata como un trasto viejo”, comenta Fernando Franco nun artigo publicado no Faro de Vigo.

“En ese poco más de medio centenar de fólios, que componen la novela corta Sueños e Historias de Breogán, se traza una no muy larga pero sí muy sustanciosa historia de cada uno de los personajes. Con el motivo de los cuentos y narraciones el texto abre la luz de una amplísima biografía imaginaria del personaje principal, el contador, acompañada de alguna que otra real, hace crítica de un pasado político basado en la Guerra Civil y recoge mil y un detalles de fuentes, narratividad, simbolismo y valores, que dan una dimensión nueva a todo este repertorio, desde su óptica juvenil, quizás sin darse cuenta le ha dado un nuevo estílo a esta modalidad de literatura”. Así o afirma nun artigo o crítico Enrique Gómez.

A obra préstase a dúas lecturas. Una primeira lectura repousada, sen presas, saboreando as lendas, costumes e tradicións imaxinariamente tratadas sobre un escenario orográfico de paisaxes, camiños, montes e vereas reais, que hoxe en día aí seguen fitos e transitables, testemuñas silentes dun pasado non tan distante por onde andaron señores do campo, labregos, pastores, viaxeiros, feirantes, romeiros e buscavidas de toda clase e condición. Este é o ambiente que se respira nesta novela, unha atmosfera a historias reais e a fabulación que te invitan a leres en zigzag: páxinas adiante e páxinas atrás, onde o fabulado semella solapar a realidade e a realidade a fabulación. Todo un valioso entretemento de cultura e literatura.

“SOÑOS E HISTORIAS DE BREOGÁN” non remata na primeira lectura por moi atenta, repousada e acougada que se lle teña prestado. Demanda unha segunda lectura. Unha lectura sobre o terreo. Desprazarte as terras da Cañiza cos SOÑOS e HISTORIAS en man, abrir por calquera dos seus capítulos, seguir a pé e andando o vieiro, o camiño que vai describindo, pararte e contemplar a casa, a aldea, o regueiro, a ponte, a carballeira ou a montaña que vai describindo, é o mellor xeito de asumir a mensaxe que les, reproducir o pasado e vivir o presente. Experiméntao e aledarás.

No me sorprendo de que esta novela “SOÑOS E HISTORIAS DE BREOGÁN”, chegue a ser considerada como a auténtica guía práctica para os que teñan a ben facer sendeirismo polas Terras da Cañiza. Esta obra contén material abondo para vertebrar non só unha, senón varias rutas para solaz dos afeccionados ó sendeirismo e ó turismo rural. ¿Chegará ser realidade?

No hay comentarios:

Publicar un comentario