martes, 24 de noviembre de 2009

A oposición e o alcalde, César Mera, deberían falar cá Deputación

C. R. M.

Unha parte importante do plan anticrise, do que fala a Deputación, debería ser investido no rural, nas parroquias, para frear o desequilibrio de servizos existente coa zona do centro de A Cañiza

A oposición e o alcalde, César Mera, deberían falar cá Deputación, deberían manter unha xuntanza para abordar asuntos relacionados cos investimentos e as obras que se necesitan nas parroquias agora que se fala tanto do Plan Anticrise da Deputación Provincial.

O Concello neses acordos debería solicitar ó presidente da Deputación que unha parte importante das obras que se proxecten sexan investidas no rural para frear o desequilibrio territorial existente xa que entendemos que hai zonas do municipio que teñen cubertas as necesidades básicas, mentres que a meirande parte das parroquias do rural teñen carencias importantes en servizos e equipamentos básicos.

Concretamente entendemos que parte dese publicitado plan provincial debería ser investido na mellora de accesos, pistas e viais; na dotación de servizos básicos, etc., e na creación de zonas verdes e sociais; e, entre outras cousas, na dotación de novos equipamentos deportivos e na mellora dos que poidan existir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario