miércoles, 25 de noviembre de 2009

GECMA recolle e identifica cogomelos nos montes de A Cañiza

B.G.

DURANTE OS DIAS QUE DUROU A 2ª MOSTRA GASTRONÓMICA DOS COGOMELOS, NA CAÑIZA, CENTOS DE PERSOAS SE ACERCARON A ESTA VILA.

Outros convocados polo grupo GECMA recorreron os montes para realizar diferentes actividades relacionadas cá micoloxía durante esta fin de semana. O Grupo Ecoloxista Científica de Galicia GECMA celebrou actividades de recolleita de cogomelos e outras relacionadas cá micoloxía nesta Vila, onde os membros de GECMA, asistentes, amosaron unha interesante charla e visión sobre o mundo dos cogumelos nesta zona de A Paradanta.

Oubo xornadas nas que se saíu o monte para recoller os cogumelos, despois clasificáronse e falouse, vaixo a atenta observación dos máis mozos, das máis de vinte especies diferentes que se recolleron.

A delegación do Grupo de Ecoloxista Científica de Galicia, na comarca do Condado-A Paradanta, mostrouse satisfeita coa asistencia, sobre todo de xente nova, que tivo esta actividade, aínda desafiando ao mal tempo que reinou estes días os asistentes saíron ao monte e outros asistiron á clasificación e charla de identificación de cogumelos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario