lunes, 22 de noviembre de 2010

O Camiño Primitivo da Raiña, en Parada, estivo tapiado e oculto baixo a vexetación durante algún tempo

Nelly Pérez Giráldez

Parada (A Cañiza). Fai algún tempo unha ducia de membros da Asociación de Veciños de Parada, da Asociación Gran Vigo e do Grupo de Ecoloxía Cientifica de Galicia (GECMA) trasladáronse á Franqueira Para percorrer o camiña, á inversa, e realizar un acto reivindicativo a prol da conservación e coidado da traza orixinal do Camiño Primitivo ao seu paso pola parroquia e o Concello de A Cañiza, sobre todo entre os lugares que abrague o ámbito xeográfico da parroquia, onde se atopa un dos enclaves máis simbólicos da vía primitiva, a denominada Neverira da Franquira.

Desgraciadamente, naquela xornada os participantes dese acto de denuncia poidemos comprobar que mesmo as lendas e a simboloxía do camiño que habían quedado baixo a vexetación que foi medrando sobre a vía pola deixadez e infracción da administración pública, ainda que a Comunidade de Montes o limpara un pouco, non florecenron o suficiente, só permite adiviñar a senda orixinal. Polo que é necesario a súa integra recuperacón.

A vía primitiva orixinal, en pouco máis de 2000 metros de percorrido polo monte, converteuse, dende a Ibia e na vifucación o pasar a Ponte de Taín, cara a de reita Valeixe e a esquerda San Martiño, nunha sucesión de obstáculos creados, aparentemente polos propietarios das parcelas que atravesa, co ánimo de disuadir aos peregrinos a continuar pola traza histórica. O mesmo pasa co aceso o Castelo. En otros sitios atopas taludes de terra e pedras que dificultan ou cortan o paso e a vista, logo, por exemplo no Monte Castelo, poidemos observar de novo outra parede de terra e pedras do que era a fortificación e vexetación que os “voluntarios” veciños e demáis membros de “expedición” non deron superado para facer un estudio do que fora o Castelo e o sou foso.

Logo desta travesía en moitas partes obstaculizada e abandonada, nin GECMA y nin as Asociacións poden obviar proclamar a denuncia pública da inoperancia, irresponsabilidade, falta total de sensibilidade e rigor científico demostrado polas administración con respecto ao patrimonio, á historia, á simboloxía e o sentido do trazado primitivo cara a Franquira e a Santiago, que aínda os veciños do lugar recoñecen como traza orixinal e que xa lle dan en chamar “o camiño vello da Raiña”, por onde pasaban as raiñas Dona Isabel de Portugal e Dona Urraca.

Así mesmo, cremos indignante que teña que ser a sociedade civil organizada, unha vez máis, a que reclame á Administración que cumpra coas súas obrigas na protección e respecto do patrimonio camiñeiro, incluso nun Ano Xacobeo no que, presumiblemente, as vías históricas adquiren maior atención e relevancia por parte das institucións públicas.

Dado que o mal tempo da xornada imposibilitou a finalización dos traballos previstos, as organizacións convocantes anuncian que unha vez feita a recopilación de máis datos históricos retomarán esta actuación nos vindeiros tempos para forzar a reconstrucción e o remate co acondicionamento e a sinalización correcta do treito malogrado do camiño primitivo, sobre todo á altura d os concellos de A Cañiza, Arbo e As Neves, tos eles da provincia de Pontevedra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario