jueves, 10 de diciembre de 2009

Día Internacional dos Dereitos dos Animais

GECMA. Grupo de Ecología Científica de Galicia lembra que hoxe, dia10 de decembro, se celebra o día no que se lle recoñecen dereitos aos animais cuio orixe está na Declaración Universal dos Dereitos dos Animais proclamada pola Unesco en 1977. Este recoñecemento deriva dun fundamento ético vido dun amplo sector poboacional, mentres que órganos competentes e institucións continuan exercendo un papel abusivo contra os animais.

A consideración de respecto ao benestar animal ou trato ético cos animais, é unha obriga ineludible na actualidade, xa que a maioría dos cidadáns consideran que aqueles deben recibir un trato xusto, ata considerar que merecen dereitos tradicionalmente só recoñecidos aos humanos. Así, existen algúns textos xurídicos que recoñecen a existencia destes dereitos e regulan o deber de respectar o comportamento natural dos animais sen interpór restricións ao mesmo. Pero pese a este inicial recoñecemento, a nota xeral é un comportamento humano moi reprochable desvirtuado pola carencia de sensibilización, xa que as persoas deixan de respectar aos animais cando dito respecto implica un límite á liberdade de actuación humana.

A responsabilidade está sen dúbida nos órganos competentes e administracións que, por un lado, deben promover a sensibilización e concienciación mediante xornadas informativas nas que se inculque o respecto aos animais, se informe dos dereitos que estes posúen e dos deberes dos cidadán. Ademais, deben alentarse e apoiarse campañas de adopción ao longo de todo o ano, e non so atractivos anuncios televisivos en Nadal ou no verán e por último, deben actualizarse as normas xurídicas respecto á protección legal dos animais xa que é inconcebible.

En Galicia exista unha lei que ten máis de 15 anos, que non se axusta á realidade social nin está á altura da protección animal promovida dende Europa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario