miércoles, 30 de septiembre de 2009

A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE PARADA LEVA NO SEU PROGRAMA “COÑECE A TÚA PARROQUIA” A RUTA DO CAMIÑO DA RAIÑA

Dende que saíu un reportaxe publicado no periódico O FORO xa son varios senderistas os que este ano disfrutaron da ruta do Camiño de Raiña que pasa polos montes de Parada

A Asociación de Veciños de Parada, de percibir as subvencións necesarias, pretende iniciar unha edición do programa “Coñece a túa parroquia” no que se dea a coñecer a mesma. En canto o Camiño da Raiña, no que de motus propius xa veñen participando distintos senderistas. Quérese ensinar a historia do camiño e da parroquia a través dunha edición que presente como novidades a creación de outras rutas, como a dos difuntos, e visitas os lugares de interese desta parroquia, onde se inclúian: a Iglesia, o antigo Castelo, ….

Fins e datos de 2009

O programa “Coñece a túa Parroquia” pretende achegar a este ámbito xeográfico e a o Concello de A Cañiza os cidadáns e fomentar a convivencia e o asociacionismo entre os distintos colectivos. Tamén contribuír ó enriquecemento cultural a través de visitas guiadas a lugares e puntos de interese de Parada.

“Coñece a túa parroquia” está dirixido a tódalas asociacións e cidadáns maiores, mulleres, xoves, etc.

Os participantes, de conseguir as subvención, terán un guía informativo perante todo o percorrido.

Tamén informan que das reclamacións feitas o concello:

Agradecen a retirada da ouvella morta na ponte do río Oulo, a altura de Peña de Francia, a frecuencia da recollida do lixo –ainda que non é suficiente- e a limpeza dalgunhas veirarúas- pero quedan pendentes tódalas do interior de parroquia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario