miércoles, 26 de mayo de 2010

Historia do crimen do Xilote

En Parada tamén oubo crímens importantes, o máis famoso deles foi o do Xilote, que recibíu este alcume por ter o pelo da coor da barba do millo. Dos datos sacados das diligencias e información que viron a luz naquel tempo se faia a seguinte información.

Historia do crimen do Xilote

O Xilote era natural e veciño da parroquia de Santiago de Parada, a súa casa era nas Poldras, número 111, onde tiña a propiedade dunha casa de planta baixa compartida coa súa irmán, duns 60 metros cadrados e con terrenos o Norte e camiño o Sur, mesmo entre a de Rosa Fernández o Este e a de Manuel Domínguez o Oeste, pero vivía na casa de María Antonia Pérez, na Cruz, número 95 (Os números, daquela, dos camiños comenzábanse a contar desde o concello, ou sexa desde o norte, e polo que se ve este camiño do Cabo estaba ven poboado hasta As Poldras). Cultivaba as leiras pertencentes a esa casa, da súa primeira muller, e algunhas de seu que lle quedaban nas Poldras e As Caldas (destas últimas a meirande parte eran de María Antonia e lindaban cás de Isolina Rocha Pérez –que vivía en As Caldas, número 104, e emigrou a América onde fican os seus descendentes- e as de Marcelino Vázquez). O Xilote era un home con bigote, sempre con sombreiro ou pucha e aínda que non moi alto, con certa elegancia e amante do bo viño. Era o terror das mulleres da parroquia de Parada. Home de toldada historia e de pouco recomendable conducta privada. Era carpinteiro e labrador. Nacera nas Poldras e tiña unha irmá chamada Redosinda que ficara na casa paterna, antes mencionada, e que co paso do tempo emigrara a América.

Estaba casado en segundas nupcias con Isaura González, veciña da parroquia de Luneda. O último matrimonio contraeuno o 9 de abril do ano de 1931.

Isaura, maltratada polo seu home -os veciños lembran que tamén a primeira muller o fora-, abandonou o seu cónxuxe aos seis meses de matrimonio, en setembro do mesmo ano, marchando a Lisboa, onde se contratou como serventa fuxindo do seu home, o Xilote, que estaba pesimamente conceptuado polos seus veciños debido á súa mala conducta.

O Xilote desapareceu o 14 de febreiro, día dos namorados, de 1932 da parroquia de Santiago de Parada, termo da Caniza.

A desaparición de Xosé Fernández foi advertida polos veciños o 15 de febreiro (1932). Os veciños que viron as portas da súa morada permanentemente pechadas mas tempo do normal decidiron formalizar a denuncia.

Nada se sabia del. Desde entón toda parroquia de Santiago de Parada estaba convencida de que fora asasinado e de que o seu cadáver fora sepultado nalgún sitio ignorado.

O Xilote vivía só e como pasaron horas e horas sen que a casa onde habitaba, (que era a da súa primeira esposa María Antonia Pérez, falecida en estrañas circunstancias -morte da que se lle acusou aínda que non se lle puido probar), se abrise, no vecindario xurdiu a natural alarma.
Cumpría descifrar a incógnita, pero, ¿quen se atrevía a forzar a porta da casa que, ao permanecer pechada, envolvíase en néboas de misterio?

Xosé Fernández Pérez “O Xilote” posuía animais de labor, ovellas e galiñas, nas varias cortes, que formaban parte integral da casa de María Antonia na que vivía. Os animais, mordidos pola fame e pola sede, comezaron a rebelarse no seu pecho. Muxidos e balidos desesperados encheron os ámbitos da aldea.

Os veciños, entón apiadados polos sufrimentos daqueles animais, decidíronse a actuar. E unha comisión trasladouse desde Santiago de Parada ata A Caniza, para denunciar o que ocorría ante o Xulgado.

Ante a denuncia, o Xuíz de Instrucción da Caniza trasladouse a Santiago de Parada.

Era indubidable que ao Xilote lle pasaba algo. Seguramente estaba morto dentro dos muros que lle serviron de casa. Imposible, de estar vivo, que non saltase do leito a demandar auxilio para si e coidado para os seus animais, despois de tantas horas transcorridas.

Chegou o Xulgado

O Xuiz entrou polo camiño compartido que tiña aceso a súa vivenda, número 95, e a bodega da veciña Joaquina Márquez Fernández, número 96, abriu o portelo dos pequenos resios do Xilote, que tiña o sur -entre o camiño compartido que separaba da casa da Joaquina e as paredes da súa casa-, e a porta da cociña do Xilote, foi franquea.

A casa estaba baleira. Toda en orde. Pero o Xilote desaparecera como por arte de maxia.

Dos animais fixéronse cargo os veciños, uns tal Antón, os que lle permitiron seguir utilizando unha das cortes, a que queda na veira do camiño público o Oeste, e o alpentre que queda na outra veira, mentras non aparecera o Xilote ou se fixera cargo dela os heredeiros ou os que autorizara o Xuiz, e da casa e fincas que non vendera, case na súa totalidade pertencían á súa primeira esposa, ao non ter esta herdeiros directos, llas encargou o Xuíz ao veciño Ramón Pérez Lorenzo, alcalde pedáneo naquel tempo. Este e o Xuiz, co paso do tempo, pasáronllas a veciña Carmen Pérez Martínez, familiar directa de María Antonia Pérez, para que esta levantase o embargo da contribución e poidera facerse cargo delas, o mesmo pasou co capital da súa irmá Redosinda que, ausente no estranxeiro, seica lle levantou o embargo da contribución -dunha pequena parte da casa nas Poldras, indivisa cá do Xilote, e un par de veigas por As Poldras e Caldas- outro veciño, un tal Guillermo Cerqueira. E comezaron as pescudas para buscar a Xosé Fernández Pérez “O Xilote”.

Transcorridos dous meses desde que aconteceu o relatado, as pescudas efectuadas nese lapso de tempo non deran o menor resultado.

O Xilote non aparece nin se atopou a menor pegada da súa presencia na bisbarra.

Se cadra uns interrogatorios xeitosos fixesen que algúns veciños aportasen razóns ou motivos nos que basear as sospeitas que teñen de que o Xilote foi víctima dun crime.

Os veciños de Santiago de Parada non se resignan a que fique impune un feito deste calibre e están dispostos a axudar á acción da xustiza.

Os aldeáns están persuadidos de que Xosé Fernández morreu a man airada e teñen a convicción de que o autor ou autores do crime enterraron o cadáver para borrar as pegadas do delicto. As xentes non se explican como a xustiza non esgota todas as posibilidades para pór en claro o misterio en que aparece envolto o asunto.

Pero os aldeáns, debido a ese ancestral temor de “andar na xustiza” son excesivamente parcos nas súas manifestacións á Garda Civil, que continúa as pescudas para aclarar o feito, pero o hermetismo absoluto dos labregos faino complicado.

Se os campesiños dixesen aos gardas algo que entre eles din ao falar da desaparición do Xilote, a estas horas se cadra estivese o misterio aclarado.

Hai quen di que na véspera Xosé Fernández estivo na parroquia de Luneda, pertencente ao termo da Cañiza e limítrofe da de Parada. A tarde do 14 de febreiro e se cadra parte da noite pasouna o Xilote na taberna que en Luneda posúe Xosé Alonso, xogando con dous individuos, un deles veciño de dita Luneda e o outro da freguesía de Mourentán.

Carta de persoa veciña que nos merece absoluto crédito e cuxo nome non é preciso pór ao aire, dinos: "Si, cónstame por razóns obvias, que o 14 de febreiro último, domingo de piñata, o Xilote ocupouse ata as dúas da tarde en enxertar froiteiros dun veciño da Cruz, familiar da primeira muller de Xosé, …..

Ás tres da tarde o Xilote encamiñouse cara o lugar de Veiga de Chan, acompañado de "A Farrapeira", que era amante do suxeito misteriosamente desaparecido.

"A Farrapeira" estivera a esperar polo "Xilote" nun camiño que hai preto da casa do presunto asasinado; e segundo declara unha veciña que falou con aquela, o desaparecido abandonou a casa da súa amante o citado 14 de febreiro á posta do sol, sen lle dicir qué rumbo se propoñía tomar".
Chegou a saberse de fidedigna procedencia, que a bo seguro o Xilote non camiñaba o 14 de febreiro, vestido con roupa de faena e calzando zocas, como se deixou dicir, cara a parroquia de Luneda, iso fora o día antes, e motivo de confusión de datas, cando estivo na taberna de Xosé Alonso.

E sábese máis. Sabemos que días antes de se ter eclipsado, o Xilote traballara como carpinteiro en casa do Cristovo, de onde saía con sol en rota cara a súa morada.

Neses días o Xilote daba mostras de preocupación. Semellaba temer algo. Procedía como se presentise que o ameazaba un grave risco. E tan é así que eludía o paso polos piñeirais de Paralonga, como se recease dun atraco ou de cousa peor.

Antecedentes de interese

O asinante dunha carta, veciño e home de recoñecida honorabilidade, non cre que o Xilote fose asasinado na Parroquia de Luneda, pois ninguén, en contra do que se dixo, asegura que o viu nela ou nas súas inmediacións o 14 de febreiro.

Cre mellor que seica o suposto asasinado fose atraído a determinada casa na freguesía de Parada, onde o mataron.

Entendemos, -dinos o asinante da carta- que as pescudas para dar luz a este tenebroso asunto deben iniciarse no sitio onde se supón desapareceu a presunta víctima.

E como o Xilote, segundo os indicios máis dignos de crédito, desapareceu entre os lugares de Veiga de Chan e As Poldras, o fío para desenvolver o intricado enigma hai que tomalo aí.
Traspasamos esta información ao Sr. Xuíz da Caniza, quen quizais vexa nos datos, que aquí se aportan, materia para unha actuación eficaz na obra de dar cumprida satisfacción a un numeroso continxente de veciños que non se resignan a que, por non esgotarse todos os medios de investigación que son factibles á xustiza fique impune un crime que é causa de inquedanza funda e xustificada alarma nunha Bisbarra.

Meses despois, no mes de xullo, as xestións da Garda Civil, dirixidas polo Capitán Escobar deron por resultado o achado do cadáver. O Xilote foi asasinado por unha muller.

Cando xa se cría, dado os meses transcorridos, que o suceso habería de se esvaecer nesa nube que coa complicidade do tempo forman no ambiente rural. os temores dos campesiños a "andar na Xustiza”, o Capitán da Garda Civil de Vigo, don Alfredo Escobar Hortas trasladouse, comisionado, á Bisbarra escenario do presunto crime, decidido a pór en claro o asunto.

Alá, auxiliado polo Oficial don Alfredo Velay, o Cabo don Manuel Gil Galindo -manda o posto de Teis e emprestara os seus servicios na Cañiza- e varios números, o señor Escobar realizou denodados traballos durante tres días e o maior dos éxitos coroou os seus esforzos.

A xestión da Garda Civil deu por resultado, como antes dixemos, o achado do cadáver de Xosé Fernández e a descuberta do autor – autora, pois é unha muller- do crime.

Cando o Capitán Escobar, coa forza ás súas ordes, chegou á parroquia de Santiago de Parada, escenario do crime, dirixiu as súas actuacións con miras ás "Farrapeiras".

As lerias do veciños sinalaban diversas pistas. A maioría destas dirixíanse cara lugares moi arredados da parroquia de Parada.

De entre todas, a Garda Civil decidiuse pola pista que marcaba como autoras ás "Farrapeiras”. Un estudio de antecedentes e circunstancias, decidiu ao Capitán Escobar a seguir esta rota e o éxito inmediato sancionou os seus traballos.

A base desta pista era a certeza dunha referencia que afirmaba como o Xilote entrou o 14 de febreiro, á tarde, na casa de Consolo e Perfecta Estévez.

O Capitán Escobar practicou un rexistro na casa de Consolo Estévez (a) Farrapeira e a súa filla Perfecta, esta de 28 anos. Consolo fora querida do Xilote antes e durante o matrimonio deste con María Antonia Pérez. Desta relación din, sen que se sepa a ciencia certa, que tiveron un fillo chamado Manuel que emigrou e durante o seu segundo matrimonio con Isaura González de Luneda, o "Xilote" cambiou de querida á nai, Consolo, pola filla, Perfecta. Fai catro anos, Xilote e Perfecta, filla da Consolo, entaboaron relacións íntimas, que continuaban. A Perfecta ten dúas fillas, unha de seis e outra de catro anos, algúns veciños, poucos, din que a última é filla do Xilote. Está solteira.

A clase de vida que facía o Xilote era causa de que todos os veciños o considerasen un suxeito francamente indesexable.

Efecto dese rexistro foi atopar, soterrado, na corte da casa, sita no lugar de Veiga de Chan, o cadáver do desaparecido.

Estaba sepultado a uns dous palmos de profundidade, no parte dos cochos, cunhas pedras a flor de terra. Descuberto o cadáver, foi relativamente fácil achar a criminal.

O hábil interrogatorio ó que foi sometida Consolo Estévez polo Capitán Escobar, fixo que dita señora se confesase autora do asasinato. Consolo declarou que deu a morte ao Xilote espetándolle un golpe na cabeza cunha eixada. Xosé faleceu.

No curso de todas estas dilixencias, Consolo daba mostras dunha serenidade arrepiante. Presenciaba a escavación con tranquilidade asombrosa. E viron, inconmovibles, como os restos da víctima saían do foxo que elas cavaran na corte.

Un detalle dará idea da serenidade da Farrapeira. Xa desenterrado o cadáver e posto no camiño, Consolo pasou varias veces sobre os restos, sen inmutarse .

O cadáver do Xilote apareceu co cranio completamente estragado e en total estado de descomposición. Sobre el estaba a chaqueta e a pucha de viseira. A chaqueta é negra cadrando coa declaración dos veciños. Non apareceron as zocas que o Xilote calzaba. Tampouco non se acharon a machada que usou para partir leña nin as tesoiras que empregou nas faenas de podar.
Mentres tanto Perfecta, aproveitando os minutos en que os gardas realizaban os traballos de escavación, e co pretexto de ir dar o xantar ás súas fillas, desapareceu.

En todo o día do venres non foi vista Perfecta. Era preciso detela e o Capitán Escobar dispensou este servicio. A este efecto na madrugada do sábado dividiuse a forza da Garda Civil en varios grupos para percorrer a bisbarra.

¿Como se cometeu o crime?

En torno aos motivos do crime, ademais da versión procedente das declaracións feitas por Consolo e Perfecta Estévez -as autoras- circulaba a versión de que ao Xilote o mataron para lle roubar unhas 350 pesetas que se dicía levaba consigo, suma procedente dunhas vendas de fincas compradas para Carmen Pérez e da que só se desprendera dunha pequena parte para pagar débedas.

Pero contra a suposición de que o roubo fose móbil do crime, está o feito de que a "Farrapeira" nai, pediu emprestadas, a pouco da desaparición do Xilote 25 pesetas e ademais escribiulle ao fillo ausente en demanda de diñeiro para atender ás súas necesidades.

Como a xente lle falase ás "Farrapeiras" (nai e filla), da desaparición do Xilote, elas contestaban con evasivas.

Por fin, chegouse a convencelas de que puxesen o feito en coñecemento das autoridades; e as "Farrapeiras" non vacilaron en ir Á Cañiza, para dar parte ao Xuíz da desaparición do Xosé Fernández.

Transcorreran nove días desde o día en que se consumara o crime.

Cando Consolo e Perfecta Estévez compareceron ante o Xuíz a denunciar a desaparición do Xilote, a nai, que levaba a palabra, explicouse así: O Xilote estivera a traballar en casa dela o domingo de Piñata, de alá marchou antes da posta do sol, manifestándolles que se ía porque tiña que ventilar un asunto e que ventilado que fose tornaría para atar as viñas.

Engadiu que con anterioridade ela o disuadira de certos propósitos que o Xilote abrigaba; pero entón non o puidera conseguir.

Dixo tamén que o Xilote marchou sen lle facer ningún encargo, o que semellaba indicar que voltaría pronto; pero como os días transcorrían sen ter coñecemento del, acudía para denunciar a súa desaparición.

A última tarde do Xilote

Os veciños de Veigadechan, Xoán Álvarez Gómez e Francisco Gil Novoa, emprestaron ante o Capitán Escobar declaracións que tiveron positiva eficacia na descuberta de! crime.
Dixeron que o 14 de febreiro, á tarde, viron o Xilote na morada das "Farrapeiras".

Xosé Fernández apañaba vimes preto da casa e ao pasar eles dixo ao Álvarez que lle axudase para acabar máis pronto. Álvarez negouse para non estragar unha tesoira de poda nova.
Mais tarde vírono no mesmo sitio, partindo leña.

Anoitecía e oíron que a Perfecta lle dicía ao Xilote que había que cortar unhas varas para unha parra, contestando o interfecto que se facía noite e era mellor deixalo para outro día.
Ela insistiu e o Xilote e a Perfecta marcharon a cortar as varas, de onde terían que tornar xa de noite.

Engadiron Álvarez e Xil que o Xilote vestía de negro ou de escuro.

Estas declaracións contradicíanse coas feitas xa polas “Farrapeiras”, as que aseguraban estivera o Xilote ata a noite na súa casa, que mandara buscar viño e que vestía unha chaqueta gris.
Esta contradicción nas declaracións foi o que, ao parecer, decidiu ao Capitán Escobar, a buscar o cadáver na casa das “Farrapeiras” e conseguir o éxito xa sabido.

Respecto á forma en que se cometeu o crime, temos que aternos, por non haber testemuñas, ao declarado por Consolo e Perfecta Estévez.

Das dilixencias practicadas pola Garda Civil, resalta que o asasinato do Xilote se cometeu na forma seguinte:

O 14 de febreiro, despois do traballo, o Xilote estivo como unha media hora máis na morada das "Farrapeiras".

Fíxose consumo de viño e semella ser que o Xilote pegou á Perfecta, porque esta se resistía a certas salvaxes proposicións do seu amante.

O Xilote, fracasado nos seus bárbaros propósitos, marchou da casa irritado.

Pero, á media hora, volveu. As mulleres negáronse a franquearlle a porta, temerosas del, mais o Xilote non desistía da súa pretensión de entrar.

Convencido de que non lle abrirían, Xosé Fernández decidiuse a entrar por unha xanela que dá á cociña.

Cando a escalaba e se botaba inclinado cara dentro, para irromper na vivenda, Consolo, armada cunha eixada, asestoulle un golpe na cabeza e o Xilote caeu sobre o chan da cociña, con vida e non morto. Entón Perfecta rematouno a golpes de machada.

Daquela veu a tráxica e arrepiante faena de dar sepultura ao cadáver. Esta manobra realizouna Perfecta soa, na corte, cavando a foxa coa mesma eixada que empregara Consolo para lle dar o primeiro golpe. Xa de madrugada, acabou a súa tétrica tarefa, indo deitarse .

Consolo e Perfecta non cadraron plenamente nas declaracións emprestadas. Isto fai presumir que non dixeron toda a verdade ou que algunha delas a falseou, en todo ou parte. Sexa como fose a forma en que foi morto o Xilote, o crime foi descuberto gracias ao traslado, en comisión, do Capitán Escobar e a súa equipa Á Cañiza.

jueves, 13 de mayo de 2010

A Franqueira celebra el 24 de mayo la secular romería de As Pascuillas en honor a la Virgen de la Fuente


C. D. Simons.- El próximo 24 de mayo, lunes, el calendario de celebraciones marianas nos acercará al santuario gallego de Ntrª. Srª. la Virgen de A Franqueira. Cita ineludible para miles de personas que en procesión se acercarán a estas altas montañas del Paradanta, en las tierras pontevedresas de A Cañiza. Vendrán para honrar y venerar a esta Imagen de la Virgen considerada como una de las tallas marianas más antiguas de toda Galicia. Junto con la Virgen de A Barca en Muxia y la Virgen de As Ermitas en O Bolo, se les dio público culto ya en el siglo VII.

La Romería de Primavera en honor a Ntrª. Señora la Virgen de A Franqueira o Virgen de la Fuente, festividad también renombrada como As Pascuillas, destaca además de por los oficios religiosos y antiguas liturgias, por la complicidad y armonía que se respira entre las gentes que participan en las numerosas peregrinaciones. A este emplazamiento se acercan miles de gallegos y portugueses deseosos de honrar a la Virgen, para ofrendar por las rogativas cumplidas y para presentar sus necesidades y debilidades, habida cuenta de los muchos agraciados con sus favores quienes, día a día y con la fuerza de la palabra y la fe, han ido extendiendo su devoción por todo el territorio gallego.

Al adentrarse en el estudio de esta advocación brotan múltiples retazos de una historia cuya inmensa riqueza nos va haciendo comprender la importancia que tiene la devoción a la Virgen de A Franqueira. A este lugar de culto arribaron pintores, periodistas, compositores, ilustres hombres de letras y poetas que ya en los albores del pasado siglo XX acudían al alto de A Franqueira para saber de aquella romería que tanto fervor levantaba entre las gentes.

Este es el caso del escritor gallego D. Ramón Cabanillas quien en su libro “Romaxes da Franqueira” recuperó un peculiar romance que recreaba, en verso, la lucha dialéctica entre un príncipe moro y un devoto cristiano. Esta lucha verbal forma parte de una de las leyendas de la Virgen y de la representación teatral que todos los 8 de septiembre se escenifica en la romería de verano, fecha en la que se festeja el nacimiento de María.

Hasta estas tierras del Paradanta viajó también en el año 1922 el pintor ferrolano Fernando Álvarez de Sotomayor y Zaragoza, quien dominando a la perfección la temática del costumbrismo campesino gallego, plasmó en un lienzo de 1.98 x 2.12 la obra “PROCESIÓN DA VIRXE DE A FRANQUEIRA”, actualmente propiedad del Centro Gallego de Buenos Aires que lo exhibe en su Salón Presidencial. El cuadro es testigo directo de la impronta que dejó la romería en el que, en su día, fue director del Museo del Prado.

Ya a mediados de siglo, el prestigioso compositor Don Rogelio Groba Groba, creó la música para el Himno de la Coronación “Divina Fuente de Gracias” hoy en día publicada por el Santuario dentro del disco “Laetitia Prefundi” interpretada por el Coro de la Cámara de Creciente (Pontevedra). El periodista y poeta José Díaz Jácome fue el responsable de poner letra al himno.

Este homenaje en clave de música surgió a finales de los años 50 del siglo pasado. En esa época regentaba el santuario mariano de A Franqueira D. Manuel Iglesias Souto, quien animado y apoyado por diversos sacerdotes, comenzó a rondar una idea que venía fraguándose en la Diócesis desde hacía muchos años: la Coronación Canónica de la Imagen de Ntrª Srª.de A Franqueira. Un reconocimiento de la Santa Sede a las Imágenes de mayor devoción de una Iglesia particular. Entre los organizadores de la preparación de este acontecimiento destacó con su trabajo la Asociación de la Prensa de Vigo. A ellos se debe la idea de convocar un concurso para la elaboración de un himno en honor a nuestra señora dotado con la nada despreciable suma de 7.000 Pts de premio para el ganador.

Ilusionado con esta convocatoria presenta su trabajo Don Rogelio Groba. En esta época está el compositor dirigiendo la Banda de Música de Tui. Elabora una música solemne y llena de sentimiento y devoción a la Virgen. El Sr. Groba gana este concurso, se imprime la obra y se publica en el santuario para su divulgación. Pero lamentablemente la partitura se publica al revés y poco a poco se va dejando de cantar. En el año 2001, gracias a las gestiones de la Coral de la Concatedral de Vigo, se consiguió que Don Rogelio revisara la composición y enviara una copia.

Hoy hombres y mujeres de fe, historiadores e incluso agnósticos, acuden a A Franqueira, al igual que aquellos antepasados, para vivir la devoción y conocer la historia de este lugar que acoge el culto a una de las imágenes de la Virgen más veneradas de España. Recientemente Santa María de A Franqueira ha sido elegida por el grupo editorial Vocento (responsable de la publicación de los periódicos ABC, Diario Vasco, La Verdad, La Voz de Cádiz, El Norte de Castilla…) para formar parte de una colección de medallas de la Virgen María de mayor devoción en el territorio nacional. El grupo editorial seleccionó como advocación gallega a Nuestra Señora de A Franqueira, ligándola a devociones tan destacadas como Montserrat, El Rocío, Covadonga, Guadalupe, etc..

La Virgen es Alcaldesa Honoraria de la villa de A Cañiza y de los municipios de Arbo y Mondariz Balneario

Como dato histórico cabe destacar que el 21 de julio del año 1963, el Obispo de la Diócesis D. Fray José López Ortiz coronó canónicamente la “venerada imagen de la Virgen” en un acto en el que estarían presentes todos los Obispos de Galicia y el 23 de julio de 1988, D. José Cerviño y Cerviño, en la celebración de las Bodas de Plata de la Coronación, consagró la Diócesis de Tui-Vigo a la Virgen.

Además Ntrª. Señora de A Franqueira es Alcaldesa Honoraria de la Villa de A Cañiza desde el año 1957. En este año, en un Pleno Extraordinario celebrado el 31 de mayo, el Alcalde de aquel entonces dio cuenta a la corporación del entusiasmo con que la población esperaba el momento de la Coronación canónica, que se celebraría casi seis años después, y como un homenaje previo a este acto de la coronación se decidió, por unanimidad, nombrarla Alcaldesa Honoraria.

El Ayuntamiento de Arbo también la nombró Alcaldesa Honoraria el 28 de septiembre de 1.960. Una década más tarde, el Ayuntamiento de Mondariz Balneario le otorgaría asimismo el título de Alcaldesa.


El reconocido artista gallego Diego de Giraldez pinta un cuadro en honor a la Virgen.

En esta Romería de Primavera verá la luz por vez primera el esperado cuadro del insigne pintor cañicense Diego de Giraldez. Con el título Virgen de A Franqueira – el Agua símbolo de Vida-, el cuadro de unas dimensiones de 2,30 de alto por 1,40 de ancho podrá admirarse durante las celebraciones de la romería en el interior del Santuario como deferencia del pintor hacia los devotos. El cuadro pasará a formar parte de la colección privada del pintor y se mostrará en su Casa Museo de A Cañiza que abre sus puertas durante un mes, todos los domingos, a partir del 12 de junio.
Esta pieza de arte nace de las reiteradas peticiones que le hacen llegar al pintor, con el deseo de que un artista de su talla plasme en lienzo la imagen de la Virgen, al igual que en su día también hiciera el pintor ferrolano Sotomayor. La solicitud es tomada en cuenta por Diego de Giráldez, quien poco tiempo después visitó el Santuario para comenzar su obra.


Durante las distendidas tertulias mantenidas con el pintor, nos comentó que el Santo Padre Juan Pablo II, con quién mantenía una entrañable amistad, lo había encomendado a la protección maternal de Ntrª. Señora la Virgen de A Franqueira con estas palabras:

“… pido al Señor que le conceda la gracia de vivir cada día, con alegría y esperanza la vocación a la que ha sido llamado, en el ejercicio de su profesión, entregándose con esmero a esa noble tarea desde la que puede transmitir admiración por la estética y favorecer el cultivo de las actitudes éticas y de los valores espirituales que constituyen la realidad más noble y profunda del ser humano ya que “ la belleza es llave del misterio y llamada a lo trascendente”. Encomendando al Señor y animándole a continuar hacienda de su vocación la pintura, un instrumento de transmisión de los grandes valores humanos y espirituales.
Con estos vivos sentimientos el Santo Padre confía en Usted a la protección maternal de Nuestra Señora de la Franqueira…”


El Ayuntamiento de A Cañiza se suma a la parroquia de A Franqueira para enviarle el más profundo agradecimiento por el magnífico cuadro y por las reflexiones elaboradas a partir de su obra que dicen así:

“…VIRGEN DE A FRANQUEIRA – VIRGEN DE LA FUENTE

VIRGEN DE A FRANQUEIRA – VIRGEN DEL AGUA

El agua símbolo de vida.

Recibe el agua del espacio en su cabeza, que a la vez la lanza al espacio de la creencia, para adentrarse en el depósito de la fe y la vez caer y regar el espíritu y la fe de bondad, de alegría y de elementos purificadores del alma y del cuerpo – el agua como símbolo de vida – que basa el cuerpo en armonía – salud – vida.
Beberé un vaso de tu agua como símbolo de la fe, la pureza y e bienestar de mi cuerpo.


A Franqueira:

Vosotros que hoy os encontráis aquí reunidos, bajo la protección maternal de María la Virgen en A FRanqueira:

Un día Juan Pablo II invocó a la protección maternal de la Virgen de A Franqueira a mi persona, lo hizo porque sabía que es una Madre poderosa que es capaz de proteger a todos sus hijos, por eso hoy bajo la mirada firme y bondadosa de la Madre, le mostraréis vuestras debilidades y necesidades para que ella, desde su poder os ayude.

En la obra que he pintado trato de captar toda la plenitud de su Santidad, representando en ella el poder del AGUA. …”


LA ROMERÍA DE PRIMAVERA

A pesar del profundo carácter litúrgico de esta festividad, la romería brinda también la excusa perfecta para perderse entre los paisajes de la media montaña gallega, salpicada en esta estación por los colores de las xestas y la chorima y de volver a recorrer en unos casos o descubrir, en otros, las veredas y senderos que conducen a A Franqueira.

Esta romería se celebra siempre el lunes de Pascua del Espíritu Santo, y su fecha se fija contando 50 días desde el Domingo de Resurrección. Es una fiesta de primavera donde se representan ceremonias de una antigua liturgia popular. Los vecinos de todas las parroquias de los alrededores, renuevan su ilusión cada año para acudir a honrar a la Virgen Santa María en esta secular advocación de nuestra Señora de A Franqueira.

De las dos Romerías que se celebran, quizás la de As Pascuillas sea la que presente mayor vistosidad pues a la regia Imagen de la Virgen se suman cerca de 65 tallas procedentes de las parroquias y municipios colindantes, que peregrinan al Santuario continuando con una tradición cuyos orígenes se perdieron en el tiempo. Este año la parroquia de San Bartolomeu de A Lamosa será la encargada de realizar la ofrenda en nombre de todos los peregrinos de As Pascuillas.

A partir de las diez de la mañana el camino anejo al Santuario ofrece uno de los mejores momentos del día, cuando llegan los romeros acompañados de sus respectivas imágenes adornadas con sus mejores galas y flores de primavera. Las vírgenes y santos guardan su turno para ofrecer las salutaciones de rigor en el atrio empedrado. En este escenario se dan cita cientos de personas que desean presenciar los turnos de reverencias en las que intervienen también los pendones y cruces.

La jornada comienza para los romeros de madrugada. Éstos se reúnen en las inmediaciones de cada iglesia o capilla para, desde ahí, acompañar a las imágenes hasta el Santuario de A Franqueira. Todos ellos, con sus correspondientes pendones parroquiales, estandartes e Imágenes, inician la peregrinación para poder asistir a las primeras misas de la mañana. En los cruces de los senderos van uniéndose las procesiones de otras parroquias.
La primera que tiene el privilegio de entrar en el Santuario es, desde siempre, la parroquia de Achas con San Sebastián y la Virgen del Rosario abriendo los turnos de reverencias. Si llegan otros antes, tendrán que esperar. Así lo establece su particular protocolo.

Son muchas las procesiones que componen esta peregrinación. Mondariz, Mondariz-Balneario, Villasobroso, Cumiar, Lira, Mouriscados, Uma, Batallanes, Meirol, Paraños, A Cañiza, As Achas, Valeixe ( de esta parroquia llegan al Santuario 6 imágenes ), Parada, A Lamosa, Creciente, Maceira...así hasta superar la cifra de las 65 tallas.

Después de que se hayan cumplido con las salutaciones de rigor en el recinto del Santuario y ya celebrados todos los oficios religiosos, es tradición que los feligreses, romeros o visitantes y turistas, confraternicen en las comidas campestres. En este día los aledaños del Santuario se llenan de puestos en los que se pueden degustar los más típicos manjares de Galicia. A partir de las 4 de la tarde las procesiones retoman el camino de vuelta aunque las misas siguen celebrándose hasta las 6 de la tarde.

No se sabe con certeza cuándo empieza a celebrarse esta romería, lo que sí ha trascendido es que su veneración se remonta a siglos pasados.

Fiesta de Interés Turístico de Galicia.

Su antigüedad, junto con la devoción que le profesan miles de gallegos y romeros del norte de Portugal y la particularidad de la romería, fueron aspectos considerados por la Xunta de Galicia para declararla Fiesta de Interés Turístico de la Comunidad Autónoma en el año 1998.

De su historia, su leyenda, sus romerías, el santuario y el monasterio se han publicado diversas monografías. También han sido muchos los autores que han escrito sobre esta imagen tallada en granito de corte monjil y de trazas románicas con reminiscencias góticas, cuyo autor podría haber sido un cantero gallego.

En el siglo XVIII se celebraban cinco romerías en su honor

En cuanto a su veneración, se sabe que antiguamente se celebraban en el Santuario cinco fiestas marianas: en la Pascua de Navidad, en la de Resurrección, Pentecostés, el Día de la Asunción de la Virgen el 15 de agosto y el día del Nacimiento de María el 8 de septiembre. De todas ellas en la actualidad solo se celebran dos: la Romería de Primavera y la de Verano. El próximo 24 de mayo A Cañiza celebrará la Romería de As Pascuillas.