ASOVEPA pregúntase ¿Onde está a aplicación da Directiva Marco da Auga, que obriga a garantir o bo estado dos cursos fluviais para o 2015, se seguimos a estragar os nosos ríos?

Manuel Meiriño, Presidente de la Asociación de Vecinos
Parada-A Cañiza.- Xullo 2009. A Aociación de Veciños de Santiado de Parada “ASOVEPA”, vén de coñecer que Arbo pretende executar no río Calvo un aproveitamento para o abastecemento de auga para o seu concello. Os trámites destas obras parece que foron iniciados na era do bipartito e pretenden ser rematados polo goberno actual, malia a aprobación da ILP en defensa dos ríos en 2006 e as directivas comunitarias neste sentido. Agora o governo Feijoo, parece ser que quere realizar a concesión definitiva para esta obra faraónica cando a Vila de Arbo podería servirse do río Miño ou do río Deba que lle pasan por alí, ou sexa que os teñen o alcance de súa man, sen ter que producir unha das meirandes catástrofes ecolóxicas que se poidan dar nos ríos galegos (como pode ser a morte de milleiros de peixes e a destrucción de todo un ecosistema, o quedarse sen o mínimo caudal ecolóxico necesario e establecido pola Ley) e do estragamento das colleitas dos veciños que se veñen servindo con levadas deste río, que nace, recorre e morre na parroquia de Parada (Nace no monte do Paradanta, baixa paralelo o Camiño de Raiña, pasa por debaixo de Vilariño, cruza toda Parada e desembocando no río Deba a altura de Velamide). Como diciamos o Clavo ven sirvindo os veciños da parroquia dende fai séculos para regar as súas plantacións, alén diso está a degradación definitiva que se producirá, cando o río quede sen auga, da devesa de árbores autótonos e das zonas húmidas que se dan nas veiras deste río, sendo un dos bosque maís naturais e conservado virxen, salvaxe, do concello de A Cañiza.
Xa antes se estragou outro río, o Deba, tanto coa contaminación como ca instalación dunha explotación hidroeléctrica. Coa posta en funcionamento desta central e a contaminación que solta a depuradora bioloxica de A Cañiza, afectada por residuos líquidos do polígono industrial que a convirtiron nun almacenamento de augas fétidas e altamente contaminadas, superarase a capacidade de recuperación ambiental do río, estragando definitivamente os seus valores ecolóxicos e por conseguinte o seu ecosistema.
Estas obras, no río Calvo, implicarán unha forte e permanente transformación do medio afectando á zona de esponxa do río e ao bosque de ribeira, coma é o caso do carballo anano (Quercus lusitanica), recentemente incluído no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, a lagartixa da serra (Lacerta monticola) e infinidade de arbustos, troitas, angilas, …e insectos varios. Na actualidade este tipo de bosque está practicamente desaparecido en moitas zonas de Galicia, motivo polo que a Asociación propón unha política coherete coa conservación dos bosques de ribeira do río …... Todo isto e motivo suficiente para que o alcalde se poña a nosa fronte para pedir a Xunta que paralice a tramitación deste aproveitamento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario